Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de abril

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do director corporativo da Federación Española de Baloncesto, Alfonso Seoane Yarza, para presentar o proxecto Santiago de Compostela Cidade Adecco.

11.30 h
No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de homenaxe ao Comercio Compostelán 2011. Asiste o concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
No Colexio de Fonseca (rúa do Franco), visita previa cos medios á exposicición Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago. Asisten:
José María Díaz Fernández, Deán da Catedral de Santiago
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago
Daniel Lorenzo Santos, Coengo Presidente da Comisión de Cultura e Arte da Catedral
Ramón Yzquierdo Peiró, Director do Museo da Catedral e Comisario da exposición

13.00 h
Na Casa do Concello, fallo do xurado do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilsutrados, presidido pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón.

13.30 h
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

18.00 h
Na sede da Delegación do Goberno en Galicia (A Coruña), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á toma de posesión do novo delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo.

22.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, cea benéfica organizada pola Fundación Balms para a Infancia co obxectivo de recadar fondos para a Casa da Infancia de Colombia. Máis información www.fundacionbalms.org.

Compartir: