Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de novembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao almorzo informativo do "Forum Europa. Tribuna Galicia" no que actuará como ponente o reitor da USC, Juan Casares Long.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o físico matemático Roger Penrose, Premio Fonseca 2011. Ás 11.15 h, recepción da Corporación municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Álvarez-Santullano sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Familia e Benestar Social, Paula Prado, e de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a programación de Nadal das súas áreas.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

18.00 h
Na Fundación NovaCaixagalicia CSM (Rúa do Vilar), Mesa redonda sobre Creadoras Galegas coa participación de Margarita Ledo, Sónia Méndez, Olaia Sendón, Adriana Páramo e Silvia Roca e moderada por Encarna Otero.

19.00 h
No CSCXM do Ensanche, proxección do documental Vidas Sonoras (Fundación Widex Audifonos).

20.00 h
No Auditorio de Novagalicia Banco (Preguntoiro, 23), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago participa na cerimonia de entrega do IV Premio Fonseca a Roger Penrose.

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: