Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda Municipal de Música baixo o nome 'Cinema e música'. Director: Xosé Carlos Seráns.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do concerto de Maldita Nerea en Santiago. Asisten o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e Jorge Ruíz, cantante e compositor de Maldita Nerea.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e da representante da ONG Coopera, Esther González, para presentar unha nova edición da Olimpiada Solidaria de Estudo. Tamén asistirá un representante da USC.

12.00 h
Na praza do Toural, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao espectáculo de danza da Fundación ANADE.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao Plan Especial de Brañas de Sar.
2. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa aos centros de saúde.
3. Proposición do grupo municipal do BNG relativa a unha política fiscal socialmente máis xusta.
4. Proposición do grupo municipal do BNG relativa ao aeroporto de Lavacolla.
5. Dar conta do informe de estabilidade orzamentaria.
6. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de 6 de outubro de 2011, de delegación de competencias.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
8. Rogos e preguntas.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á entrega dos premios Galegos do Ano.

Compartir: