Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de outubro

Cidades Patrimonio da Humanidade de España
En Segovia (Granxa de San Ildefonso), o alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, participa no encontro de altos responsables do Patrimonio Mundial. Programa:
9.30 h
Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
12.00 h
Inauguración do encontro de altos responsables do Patrimonio Mundial
16.00 h
Primeira sesión de traballo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Rehabilitación e Cidade Histórico, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Squash absoluto e circuíto mundial de Squash PSA-WISPA "Trofeo Camiño de Santiago", xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis; o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete; o presidente da Federación Española de Squash, Rogelio Chantada; o presidente do Squash Club Santiago, Manuel Cornes; o director do torneo, Jesús Souto; e o xogador de Squash profesional, Borja Golán.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea de 'Oeste Solitario' de Martin McDonagh por Produccións Teatrais Excéntricas. Adaptación: Avelino González. Dirección: Quico Cadaval. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Lado e Marcos Correa.

Compartir: