Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de agosto

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos alumnos e profesores dos Cursos Internacionais Música en Compostela.

FESTIVAL DOS ABRAZOS
18.00 h
Na praza do Toural, Trópico de Grelos. Batuke galego. Pasarrúas inaugural. Galicia.
20.00 h
Na praza da Oliveira, Rusga. Folk. Galicia.
20.00 h
No parque de Bonaval (cemiterio), Cabaret Acrobático Pista Catro. Circo/clown. Galicia.
21.00 h
Na rúa das Rodas, Turres Band. Pasarrúas + Concerto. Galicia.
22.30 h
En San Martiño Pinario, Turres Band. Pasarrúas + Concerto. Galicia.

VIVE O VERÁN
10.00 h.
No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung .
10.00 h
No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica .
11.00 h
Visita Guiada ao Parque de San Domingos de Bonaval con saída no Museo do Pobo Galego. .

Compartir: