Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de agosto

20.00 h
En San Clemente, primeira das visitas guiadas arqueolóxicas que organiza a Concellaría de Cidade Histórica e Rehabilitación á fonte atopada nesta zona. O punto de encontro para a visita será na porta da Casa do Concello, na Praza do Obradoiro.

VIVE O VERÁN
10.00 h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung 10.00 h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica 11.00 h. No parque de Belvís, ata as 13.00h., Obradoiros Medioambientais: As nosas amigas, as miñocas, para nenos e nenas de 5 a 11 anos. 18.00 h. No parque de Bonaval, Obradoiros creativos: Percusión, dentro do programa Tardarte para nenos e nenas. 20.00 h. No parque de Bonaval, Obradoiros creativos: Percusión, dentro do programa Tardarte para adultos.

Compartir: