Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de xullo

11.30 h
Na Paza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste aos actos oficiais do Corpo Nacional de Policía de presentación de GOES e entrega de diplomas de recoñecemento a xubilados da Xefatura Superior de Policía de Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o programa de Promoción e Dinamización Comercial "Volta ao Cole".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas IV Xornadas de Institutos Históricos Cultura, Educación e Patrimonio.

VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung. 10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica. 17.00h. Roteiro polos Parques do Norte e Río Corvo con saída a carón da estación de servizo de Meixonfrío 20.00h. No parque da Alameda, ao carón de Santa Susana, Tai Chi e Chi Kung.

Compartir: