Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 31 de xullo

13.30 h
No Camiño Portugués (no límite entre Santiago e Milladoiro – rúa Esquío, central eléctrica da Magdalena), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saúda unha peregrinación integrada por alcaldes das localidades polas que transcorre o Camiño Portugués. Na peregrinación tamén participa o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Carlos Lage; o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda; e o concelleiro de Relacións Institucionais do Concello, Andrés Fariña.

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción á Asociación do Traxe Galego.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinan un convenio para a implantación de herba artificial no campo de fútbol de San Lázaro e outro para o saneamento e bombeo en Rochiña (Son de Abaixo).

21.00 h
Na Praza da Quintana, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa na entrega de premios con motivo do XXXI Día do Traxe Galego.

VIVE O VERÁN
11.00h. No Parque de Belvís, e ata as 14.00h., contacontos e obradoiro coa contacontos Fátima Fernández: O frautista de Hamelin, dentro do programa Sábados no parque.

Compartir: