Previsións informativas para o luns 26 de xullo
9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Economía no que actuará como ponente Manuel Fraga Iribarne.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Praza de Cervantes, a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, farán entrega dos premios do II Concurso de Balcóns da Cidade Histórica.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.
VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung