Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita as obras de Galeras. Punto de econtro: edificio de Fenosa.

11.30 h
Na Alameda, visita á exposición "Espazo e desenvolvemento sustentable" na que participarán un grupo de mozos e mozas da Asociación de Dano Cerebral "Sarela" de Santiago.

18.00 h
Na sede do Consorcio, (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA de presentación do espectáculo pirotécnico dos Fogos do Apóstolo 2010. Asisten:
Xosé Baqueiro, Concelleiro de Festas do Concello de Santiago
Ignacio Santos, Xerente da S.A. de Xestión do Xacobeo
Xosé Manuel Villanueva, Xerente do Consorcio de Santiago
Rafael García Barat e Ernesto López, de Pirotecnia Caballer

19.00 h
Na rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música.

VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung 10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica 11.00h. Con saída da Ponte de Lermo, Roteiro polo río Sarela II. 20.00h. No Campus Sur (fronte á facultade de Química), Tai Chi e Chi Kung. 22.30h. Na Praza de San Martiño Pinario, Cine: Os Clásicos á Rúa, coa proxección de Cantando baixo a Choiva (Stanley Donen, 1952)
FESTAS DO APÓSTOLO 2010
Xoves 22
19.30 h.
Concerto: Banda Municipal de Música
Taragoña (pd) de J.J. Ces
Lakmé (fantasía) de L. Delibes
A lenda do bico (selección) de R. Soutullo/J. Vert
O príncipe Igor (danzas guerreiras) de A. Borodin
Brincadeira (muiñeira) de H. Saavedra
Rúa do Vilar
22.30 h.
Compañía de Aída Gómez: CARMEN de Bizet
Dirección artística e coreogràfica: Aida Gómez
Dirección de escea: Emilio Sagi
Cadeira: 25 euros
De pé (grada): 20 euros
Venda de billetes: www.caixanova.es. Taquilla telefónica: 902 504 500
Praza da Quintana
20.30 h. ata as 3.00 h.
ESPIRITU LATINO
Paseo Central da Alameda
21.00 h.
Clases de bailes latinos. Entrada libre
24.00 h.
Capoeira con NAGÓ
24.00 h.
Música no Toural: Charco

Compartir: