Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 17 de xullo

19.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á ROLDA DE PRENSA previa á estrea do filme O Apóstolo. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á estrea do filme O Apóstolo, que contará coa banda sonora interpretada en directo pola Real Filharmonía de Galicia e polo orfeón Terra A Nosa. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

20.15 h.
Na Casa do Concello, recepción á Orden do Camiño de Santiago.

VIVE O VERÁN
11.00h. No Parque de Belvís, e ata as 14.00h., contacontos e obradoiro coa contacontos Marisa Irimia: Os tres porquiños, dentro do programa Sábados no parque.

Compartir: