Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 13 de xullo

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol.

19.00 h
Na sede do Urbana Santiago Norte (Almáciga, rúa Betanzos, 55, anexo á Escola Municipal de Música), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión de Participación Cidadá do Proxecto Urbana Santiago Norte.

VIVE O VERÁN
10.00h. No parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung. 10.00h. No parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica. 17.00h. Roteiro polo río Sarela con saída da Ponte do Romaño 20.00h. No parque da Alameda, diante da capela de Santa Susana, Tai Chi e Chi Kung.

Compartir: