Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de xuño

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o obradoiro de formación: "Competencias transversais clave nos programas de formación e emprego".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Praza de Cervantes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a III Feira Medieval.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción ao Consello Xeral de Avogacía Española.

18.30 h
Na Casa da Cultura do Milladorio, charla-café moderada por una psicóloga e un educador da Asociación para a Prevención e Intervención Psicolóxica CHISEM sobre o tema "RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS" onde participarán pais, nais, profesorado e educadores/as. Organizado polo grupo de Traballo en rede Conxo-Milladorio, no que participa a Concellería de Benestar Social e Igualdade.

18.00h
No CSC de Conxo, Argallando: Obradoiros de animación á lectura e animación de bibliotecas dentro do programa Letras Vivas.
18.30h
No CSC das Fontiñas, Xogos de sempre dentro da programación da Aula de Xogo.
19.00h
No LSC da Pontepedriña, Fran Insua: Como dar a volta ao mundo sen saír do teu barrio dentro do programa Santiago Encantado.
19.00h
No LSC de Lamascal, Soledad Felloza, contacontos, dentro do programa Santiago Encantado.
20.00h
No LSC de Amio, Concerto do coro ACF dentro do programa dos Centros Socioculturais e aCentral Folque, No Campo de Fóra.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Milagros Martín, soprano; Raquel Lojendio, soprano; Vicente Ombuena, tenor; Alfredo García, barítono; e o Coro de RTVE.
21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, Javier Martín presenta ...tabú resorte... dentro do ciclo SCQ Danza.

00.00 h
Na praza da Quintana, proxección das imaxes de "A Viaxe Polar", tomadas polo fotógrafo Carlos Caraglia no polo sur. As imaxes proxectaranse en alta definición. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

Compartir: