Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de xuño

10.30 h
No CSCX do Ensanche, Monográfico Uso da cámara fotográfica dixital, dentro da programación da Aula de Informática.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a oferta da Escolas de Verán 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a proxección das imaxes da Viaxe Polar, que terá lugar o día 5 ás 00.00 na Praza da Quintana con motivo do día Mundial do Medio Ambiente. Tamén estarán na rolda o fotógrafo Carlos Caraglia; a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto Pedrido; a xefa de Relacións Externas de Begano, María Sande Rodríguez; e o xefe de área de Santiago de Gadisa, Román Roo Álvarez.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogos e Contos para nenos e nenas menores de 5 anos dentro da programación da Aula de Xogo.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.30 h
Na Casa das Asociacións, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugura a exposición "Ecos de Ruta", na que se recolle a aventura do fotógrafo Brais Palmás polos espazos naturais de Europa ao longo de 5.500 quilómetros e catro meses. O autor ofrecerá un coloquio aos asistentes.

21.00 h
No Teatro Principal, Pradairo presenta Prateado, o seu novo traballo.

Compartir: