Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de xuño

11.30 h
No CEIP Pío XII, inicio da visita da concelleira de Educación, Mercedes Rosón á X EDICIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE VERÁN. A visita continuará polo CEIP López Ferreiro e As Fontiñas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o presidente da asociación de veciños de Marrozos, Emilio Cao, para presentar o marROCKzos, Festival de Rock de Marrozos.

17.30 h
Na Casa do Concello, Xunta xeral de Tussa.

17.45 h
Na Casa do Concello, Xunta xeral de Emuvissa.

18.00 h
Na Casa do Concello, Xunta xeral de Incolsa.

18.00h.
No CSC das Fontiñas, Estiramentos e Relaxación II dentro do programa do Club de Maiores.

18.00h.
No CSC de Conxo, Titiriarte: Obradoiro de monicreques dentro do programa Santiago Encantado.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación definitiva do plan parcial do solo urbanizable non programado número 8 (SUNP-8).
3. Retribucións membros da corporación e persoal eventual.
4. Proposición do grupo municipal socialista pola que se solicita á Xunta de Galicia a axilización das obras da Cidade da Cultura e a súa conexión coa cidade.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa a solicitar ao Ministerio de Fomento á mellora da seguridade vial nun tramo da estrada N-550.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa a solicitar ao Goberno do Estado a modificación da cualificación de municipio turístico.
7. Proposición do grupo municipal do BNG relativa a instar á Xunta de Galicia a manter o convenio entre a Consellería de Sanidade e a Asociación de Vite para garantir a pervivencia do Plan Comunitario do Barrio.
8. Solicitude do Partido Popular de comparecencia do concelleiro delegado de deportes, Don Bernardino Rama Seoane.
9. Dar conta das sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30h.
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Actos con motivo do Día Europeo da Música
18,00 h
Orquesta da Escola Municipal de Música
Parque de Bonaval
18,30 h
Banda da Escola Municipal de Música
Parque de Bonaval

Compartir: