Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 19 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, reúnese coas Xuntas Directivas de Special Olympics, FEAPS e FADEMGA.

11.30 h
No Parque da Alameda, Feira do Sol durante todo o día.

13.00 h
Na Alameda, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable, Elvira Cienfuegos, fai unha visita á Feira do Sol.

13.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, recibe un grupo de representantes de funcionarios con habilitación de carácter nacional da Administración Xeral do Estado que peregrinaron a Santiago.

18.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección de Entre Bateas dentro do programa de Cinemas Dixitais.

21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Meredith Monk dentro do ciclo Sons da Diversidade.

21.00 h
Revelando Voces
No CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, concerto de Lemaniot dentro do programa Revelando Voces

Compartir: