Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de xuño

11.00 h
Na Escola Infantil de Conxo, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visita o Parque Infantil de Tráfico, no que participará o alumnado das escolas infantís de Conxo, Fontiñas, San Roque e Polígono do Tambre
Os Departamentos de Educación e Seguridade Cidadá poñen en marcha unha das actividades do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección dirixida aos nenos e nenas máis pequenos; neste parque os escolares poden simular unha serie de condutas propias do seu comportamento como peóns e viaxeiros/as de transporte público e privado e coñecer os diferentes servizos de seguridade: bombeiros, protección civil, policía local, entre outros.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz do grupo municipal do BNG, Socorro García Conde, para falar de asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Visita ao Museo do Pobo Galego dentro do programa do Club dos Maiores.
18.00 h
No LSC de Amio, Titeres Cachirulo presentan Titiriarte, Obradoiro de Monicreques dentro do programa Santiago Encantado.
18.00 h
No CSC de Conxo, Semana Intercultural dentro da programación da Aula de Xogo.

Compartir: