Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 11 de xuño

9.00 h
No Salón Reitoral (pazo de San Xerome, 1º andar), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras S.L, Uninova. A continuación, asiste á reunión do Consello de Administración da Sociedade Cursos Internacionais.

11.00 h
Na praza do Toural, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Pazo de Bendaña, logo dos traballos de remodelación e ampliación levados a
cabo polo Consorcio de Santiago na sede da Fundación Granell. Asisten: Natalia Fernández Segarra, directora da Fundación Granell; Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Manuel Carbajo e Celso Barrios, arquitectos autores do proxecto de remodelación; e Pablo Tomé, arquitecto e comisario da exposición En obras, que será inaugurada ás 20.00 horas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a "Xornada informativa do Proxecto Anatole e mercados de proximidade". Estará acompañado por Rosa Leis, técnica da Asociación AD TERRA socia do proxecto ANATOLE, e por Roberto Pardal, Secretario da Asociación Terras de Compostela, da que tamén forma parte o Concello de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
Na praza do Toural, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "En obras: do Pazo de Bendaña á Fundación Granell".

21.00 h
No Teatro Principal, Los Ullen: Maná Maná (O regreso). Unha crónica de parias, dirixida por Juan Carlos Sánchez. Con Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous.

Compartir: