Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de xuño

9.45 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as IV Xornadas de Transporte e Mobilidade.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a terceira edición do certame Santiago(é)Tapas. Na rolda tamén estarán a xerente de Turgalicia, Carmen Pita; o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago, Jesús Sordo; e o xefe de Trade Marketing de Estrella Galicia, Manel Pérez.

Visita ao Concello de Santiago do vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves
11:15 h. Chegada do vicepresidente á Praza do Obradoiro.
11:20 h. O vicepresidente asina no Libro do Xacobeo 2010. A continuación, breve reunión co alcalde. SÓ GRÁFICOS
11:30 h. No Salón Nobre, balance das obras executadas e en execución do Fondo de Investimento Local. Interveñen o alcalde e o vicepresidente.
12:00 h. No Salón Verde, encontro cos medios.
12:15 h. Visita ás obras executadas con cargo aos FIL na rúa Trindade (ámbito do Pazo de Raxoi e igrexa de San Fructuoso). De seguido, pequeno paseo polo Casco Histórico.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o programa de actividades ao aire libre Vive o Verán.

13.00
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No salón de actos do Consello da Cultura Galega, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "Arriola. Obra Musical".

19.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección de A memoria dos tempos do Volfram dentro do programa de Cinemas Dixitais.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.00 h
Na Casa do Concello, recepción ao participantes no Congreso Nacional de Artes Gráficas.

20.30 h
No Teatro Principal, presentación do documental Memorias Rotas de Manane Rodríguez.

Compartir: