Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de abril

11.00 h
En San Caetano (na sala de reunións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Comité de Rutas Aéreas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o programa de comercio "Esta primavera, máis comercio".

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de plantación de árbores na Selva Negra (entrada pola Granxa do Xesto) para celebrar o día da Árbore e da Auga e no que participará o alumnado do CEIP Raíña Fabiola. Asiste a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, recibe os participantes na camiñada organizada pola Federación Autismo Galicia, con motivo da celebración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Amigos da Ópera.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Primeiros Xogos dentro do programa da Aula de Xogo.

19.30 h
No Salón Nobre de Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro "Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela, 1939-1968", de Ricardo Gurriarán.

Compartir: