Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de abril

10.30 h
No CSC das Fontiñas, Os almorzos das Fontiñas, organizado pola Aula de Informática.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de abril.

12.00 h
No CSC das Fontiñas, Informática de a pé, organizado pola Aula de Informática.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto no que se fallará o III Premio Compostela de Álbums Ilustrados.

13.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, que asinará no Libro de Ouro do Concello. ATENCIÓN: SÓ GRÁFICOS.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños "Casa Agraria" de Meixonfrío.

Compartir: