Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, para presentar a IV Semana Internacional do Ilusionismo, Compostela Máxica que se celebra do 2 ao 8 de maio. Na rolda estará tamén o director-xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, e o responsable do Festival, o Mago Xacobe.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso de Periodipesca.

20.00 h
Na rúa Riobo s/n (Laraño), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as obras de remodelación do Centro Sociocultural de Laraño. Asiste a concelleira de Centros Socioculturais, Socorro García Conde.

20.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes nas "Xornadas Nacionais da Sociedade Odontolóxica".

Compartir: