Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de abril

9.00 h
No Teatro Principal, X Concurso de relato oral Tíralle da Lingua, organizado pola ASPG.

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o concurso de enxeño e entretemento matemático 2010. Na rolda tamén estará un representante de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática).

11.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos homenaxeados do Comercio Compostelán 2010. Entrega de distincións aos cinco comercios escollidos, ao gañador anual de Escaparatismo, ao comercio máis participativo e aos tres comercios premiados en Regalar, custa pouco.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidenta da Asociación de Celiacos, María Teresa García Fernández.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o proxecto de Recuperación da Zona Verde na contorna do río Corgo (Salgueiriños). Na rolda estará tamén a autora do proxecto Rocío Castro, de Arjé Paisajismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa "Maio das Letras 2010".

13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños "Domingo Cepeda".

19.30 h
No Centro Sociocutural Fundación Caixa Galicia (rúa da Carreira do Conde, número 18), entrega de diplomas e acreditación das accións formativas para persoas desempregadas realizadas en 2009, impartidas pola Concellaría de Promoción Económica a través do Proxecto Crear V, da Bolsa de Emprego e do Proxecto Persoa IV.

Compartir: