Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de abril

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e do xefe de servizo da área, Javier Fernández, para presentar o programa O Aire da Cidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos delegados do Goberno nas comunidades autónomas que atravesa o Camiño Francés. Na reunión, ademais do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, estarán os delegados do Goberno de Navarra, Elma Saiz; Aragón, Javier Fernández; Castilla y León, Miguel Alejo; e Juan Antonio Urbina, que acudirá en representación do delegado do Goberno en La Rioja, José Antonio Ulecia.

13.30 h
Na sede da Mancomunidade da Comarca de Santiago (rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a sesión ordinaria do pleno da devandita entidade.

20.00 h
Na rúa do Cruceiro (A Pulleira), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do novo concesionario Fiat Brea Car.

Compartir: