Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa candidata a reitora da USC, Mercedes Brea.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar presenta o "Decatístico, radiografía dunha década", que recolle os datos dos últimos dez anos recompilados pola área de Estatística do Concello de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar as novas iniciativas do programa "Fai o Camiño Connosco". Na rolda tamén estará Manuel Rozado, membro da Asociación de Xubilados.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co xerente, Ceferino Delgado, e cos coordinadores territoriais do organismo autónomo Traballo penitenciario e formación para o emprego, dependente do Ministerio de Interior.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios aos gañadores do concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks que organiza a concellería de Servizos.

Compartir: