Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de abril

Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais
9.50 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os integrantes da Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais (SÓ GRÁFICOS). A continuación, reunión da Comisión constitutiva da devandita conferencia no Salón de Comisión do Concello (Os gráficos poderán gravar ao comezo da reunión).
12.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto público de firma da carta fundacional. O acto estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

10.30 h
No IES Xelmírez I, O soño dunha noite de verán (IES Pontepedriña), dentro do XV Certame de Teatro Intercentros.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Eonómica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o estudo Habitos de consumo no Concello de Santiago de Compostela, enmarcado na campaña Esta primavera, máis comercio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Angel Currás, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, nenos e nenas usuarios do centro representan O soño dunha noite de verán dentro da Aula de Xogo.

20.00 h
Na Biblioteca do CSC das Fontiñas, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, preside o acto de entrega dos premios dos Certames Literarios de Centros Socioculturais. No acto haberá un recital poético de María Lado.

20.30 h
No CSCX do Ensanche, A Central Folque presenta ao Dúo Mauro Sanin e a Pauline Maasik con 25 cordas dentro do programa No campo de fóra.

21.00 h
No Teatro Principal, Bengala produccións presenta Master Class de Terrence McNally. Con Mabel Ribera, Lino Braxe e María Torres.

Compartir: