Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de abril

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa delegada en Galicia da Cámara de Comercio xaponesa, Elena Estévez.

11.40 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer o nome dos comercios seleccionados para a Homenaxe ao comercio de Compostela 2010, o nome do gañador anual do Concurso de Escaparatismo en 2009, e o nome dos tres estabelecementos premiados na edición de primavera do VII Concurso de Escaparatismo 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o Catálogo da Zona "C" 09-10. Na rolda estarán tamén, representando a artistas e comisarios, a artista Montse Rego e a comisaria Clara Rodríguez, que tutelou o proxecto de Jesús Madriñán.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co candidato a reitor da USC, Lourenzo Fernández Prieto.

20.00 h
No CSC da Trisca, charla Horticultura Urbana. Fundamentos, técnicas e valores a cargo de Ramón Paz, presidente da Asociación Galega de Horticultura Urbana. É unha actividade das Concellarías de Medio Ambiente e Cultura, aberta pero dirixida especialmente aos usuarios das Hortas de Belvís.

21.00 h
Teatro e Danza en Xira
No Teatro Principal, representación de Non Solum con Sergi López, dirixida por Jorge Picó, dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. María Espada, soprano; Lenneke Ruiten, soprano; Agustín Prunell-Friend, tenor; Florian Boesch, barítono e o Cor de Cambra do Palau da Música Catalana.

Compartir: