Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de abril

11.15 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vista a X Campaña de Animación á Lectura.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Sergi López para presentar Non Solum, obra que protagoniza o actor e que se poderá ver mércores e xoves no Teatro Principal. Na rolda estará tamén o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

12.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o TROFEO SPONSOR 25 ANIVERSARIO MUEBLES COMPOSTELA, actividade organizada polo Club Ciclista Compostelano que se desenvolverá na nosa cidade o vindeiro domingo 25 de abril. O Concelleiro estará acompañado por Nemesio López Díaz, presidente da entidade organizadora.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidenta do consello territorial ONCE Galicia, Dolores Venancio Vilaboy.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente da Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica, Enrique Barón.

20.00 h
No Centro Social Caixanova (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela), o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro El tabaco y el incienso. Un episodio compostelano del siglo XVII. Tamén estarán: Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Baudilio Barreiro Mallón, autor do libro; e Gonzalo Allegue Otero, Editor de Nigratrea.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, Mª Pilar Jiménez Aleixandre presenta Ollos de chuvia, ollos de lume dentro do programa Letras Vivas Creación.

20.00 h
No CSXM do Ensanche, Sesión de Adestramento do Obradoiro do Espectador. Con Uxía P. Vaello: Assemblage.

21.00 h
Teatro e Danza en Xira
No Teatro Principal, Non Solum de Sergi Lopez dentro do ciclo Teatro e Danza en Xira. Dirixido por Jorge Picó.

XV Certame Teatro Intercentros
10.30 h
No IES Xelmírez I, Os figurantes (IES Antón Fraguas).
12.00 h
No IES Rosalía, O espello da alma (IES Rosalía)

Compartir: