Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a presidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Carmen Vázquez.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar os prazos de matrícula na Escola Municipal de Música e as II Xornadas Galegas do Ensino Musical.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Centros Socioculturais, Socorro García Conde; de Educación, Mercedes Rosón; e de Benestar Social, Mar Martín, para presentar o Grupo de encontro para a educación Conxo-Milladoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luis Seoane.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o psicólogo, membro da Asociación Galega de Atención -Temperá e asesor do Proxecto Persoa, José Cardama, para presentar a Xornada Interdisciplinar de Atención Temperá, organizada no marco do Proxecto Persoa IV.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o técnico da Rede de Centros Adolfo Muíños para presentar os programas Asómate e No Campo de Fóra (este último en colaboración con aCentral Folque).

20.00 h
No CSC das Fontiñas, conferencia sobre a Hipertensión arterial impartida por Mª Carmen Mini Castro e organizada pola Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría dentro do Clube dos Maiores.

21.00 h
No Teatro Principal, Lagarta Lagarta presenta O segredo dos Hoffman, de Roberto Salgueiro e Alejandro Palomas. Dirixido por Rosa Álvarez.

Compartir: