Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de abril

9.00 h
No Hotel Ritz (Madrid), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo informativo ofrecido por Nueva Economía Fórum no que actuará como ponente o ministro de Fomento, José Blanco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar a VIII edición dos Premios Educacompostela. Na rolda tamén Xesús Rodríguez, de Nova Escola Galega.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar o proxecto do novo Centro Sociocultural de Santa Marta. Na rolda estará acompañada por Enrique Vázquez, responsable da Rede de Centros, e Cristina Ouzande, arquitecta autora do proxecto.

17.00 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, acompañado por veciños, visita a rúa Santa Clara. Punto de encontro: inicio da rúa (nº 1).

19.30 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, conferencia sobre Rosalía de Castro dentro do programa Os nosos poetas a través da música, que organiza a Asociación Cultural e Musical Solfa. Intervirán Francisco Rodríguez e Xosé Carlos Seráns.

21.00h.
No Teatro Principal, Lagarta Lagarta presenta O segredo dos Hoffman, de Roberto Salgueiro e Alejandro Palomas. Con Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero e dirixida por Rosa Álvarez.

Compartir: