Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de marzo

Xornadas de Encontro entre Cidades Irmandadas Santiago-Une
NARNI
11.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantén un encontro con síndaco e representantes institucionais de Narni.
Mesa de traballo con representantes sectoriais: universidade, comercio e turismo.
17.30 h
Presentación da cidade de Santiago no Museo Eroli
ROMA
12.30 h
Encontro do alcalde compostelán co tenente de alcalde de Roma e responsable de Turismo, Mauro Cutrufo.
18.30 h
O alcalde imparte unha conferencia no Instituto Cervantes de Roma (Piazza Navona).

11.00 h
Na rúa do alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro), o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visita o Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa, Cersia Empresa.
Nota: Haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá da praza do Obradoiro ás 10.45 h.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Gerardo Conde Roa, sobre a oferta de pacto local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleira de Igualdade, Mar Martín, para presentar a mesa redonda Mulleres, protagonistas do desenvolvemento.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Compartir: