Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mar Martín, para presentar os actos con motivo do Día Internacional da Muller.

11.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a reurbanización da área de San Frutuoso. Asiste a concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, da concelleira de Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, e do xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, sobre asuntos da súa área.

12.30 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (estadio de San Lázaro, porta 169, ROLDA DE PRENSA do vicepresidente da Fundación e concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar a Gala do Deporte e os seleccionados nos Premios PIDEVI.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o consello de administración de TUSSA.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSC de Conxo, Animación á Lectura con Argallando para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, As bolas, campionato anual de xogos de sempre dentro da programación da Aula de Xogo
18.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogamos en francés para nenos e nenas de 4 e 5 anos, dentro da programación da Aula de Xogo
19.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogamos en francés para nenos e nenas de 6 a 9 anos, dentro da programación da Aula de Xogo
19.00 h
No CSC das Fontiñas, O soño dunha noite de verán. Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical para nenos e nenas a partir de 9 anos.
20.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Escola Municipal de Música (rúa Betanzos, 55 – A Almáciga) con motivo da nova adquisición de instrumentos realizada polo centro.

21.00 h
No Teatro Principal, Ancora Producións presenta Colgados. A incrible historia do homesoga. O colgado de Celeiro, dirixida por Ánxela G. Abalo. Autor e intérprete: Gustavo Pernas Cora.

Previsións informativas para o luns 5 de abril

13.00 h
Día de Santiago en Padrón
Punto de encontro: Banco Pastor

Compartir: