Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 4 de marzo

11.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a delegación en Santiago do Colexio de Médicos da Coruña (San Pedro de Mezonzo, 39-41), asina no seu libro de honra e participa na rolda de prensa de presentación do proxecto de reforma interior das instalacións.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Benestar Social, Mar Martín, e de Educación, Mercedes Rosón, para presentar as actividades e as xornadas de portas abertas do Colexio Apóstolo Santiago. Na rolda tamén estarán representantes da ANPA do centro.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Parador Museo de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o programa Teatro+Danza En Xira 2010.

16.30 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, acompañado por veciños de Laraño, visita os terreos da depuradora da Silvouta. (Punto de encontro: entrada principal da depuradora).

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos representantes da Asociación de Veciños "A Xuntanza".

21.00h.
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbà, con Iván Martín ao piano.
21.00h.
No Teatro Principal, Ancora Producións presenta Colgados. A incrible historia do homesoga. O colgado de Celeiro, dirixida por Ánxela G. Abalo. Autor e intérprete: Gustavo Pernas Cora.

Compartir: