Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 30 de marzo

.00 h
No CSCX do Ensanche, Obradoiro de Animación á lectura: Debuxando ao Principiño.

11.30 h
Na Sala Capitular da Catedral de Santiago de Compostela, presentación do libro "Fernando de Casas. Arquitecto en Compostela". Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago,
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago,
Alberto Fernández González, autor do libro,
José María Díaz Fernández, Deán e arquiveiro bibliotecario da Catedral,
Andrés Rosende Valdés, Catedrático de Historia da Arte da USC,
Gonzalo Allegue Otero, Editor de Nigratrea,
Juan Conde Roa, Responsable de Publicacións do Consorcio.

12.00 h
No Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visita os rapaces e rapazas que participan nas actividades e obradoiros do programa de conciliación familiar organizado pola Concellería para esta Semana Santa.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

Compartir: