Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de marzo

9.00 h
En Madrid, no Hotel Ritz (plaza de la Lealtad, 5), almorzo informativo da tribuna Fórum Europa co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O acto será presentado polo ministro de Fomento, José Blanco.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro Garcia Conde, e dun representante de Odaiko Percussion Group para presentar o novo traballo do grupo, Galician on board, que se presenta este venres ás 21.00 h no Teatro Principal.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, ensaio aberto da Real Filharmonía de Galicia. Cristóbal Halffter, director.

17.30 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, reúnese cunha delegación de representantes de China que se atopan en Santiago para preparar o III Foro de universidades españolas e chinesas, que se celebrará na cidade o 12 e 13 de abril.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 3,5 e 7 da zona A do Plan Parcial solo urbanizable non programado número 37 – 1º sector (SUNP-37.1). Costa Vella.
3. Aprobación inicial do Regulamento de funcionamento do servizo de atención domiciliaria e comunitaria a infancia.
4. Proposición do grupo municipal do Partido Popular de apoio á proposición do grupo municipal do Partido Popular no Congreso dos Deputados para que autónomos e pemes non tributen polo IVE das facturas non cobradas.
5. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE contra a división ou segregación da Facultade Medicina.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á depuradora da Silvouta.
7. Solicitude de comparecencia, a petición propia, da concelleira delegada de Rehabilitación e Cidade Histórica, para analizar as accións que en materia de intervención en espazos públicos e rehabilitación está a desenvolver a citada concellaría.
8. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contencioso administrativos.
9. Dar conta de Resolución da Alcaldía.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
No CSC As Fontiñas, conferencia de Encarna Álvarez sobre alteracións sexuais na vellez. Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia con Cristobal Halffter, director.

21.00 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presenta Shakespeare para ignorantes dirixida por Quico Cadaval. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Quico Cadaval.

22.00 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita a Escola Superior de Hostelería de Galicia (A Barcia, estrada de Noia, número 1).

Compartir: