Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de marzo

11.00 h
No CEIP de Roxos-Villestro, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, inaugura "CiberCaixa. Quedamos ao saír de clase", un programa de acollida para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que ofrece un contorno educativo non formal en horario extraescolar e en períodos de vacacións. Tamén asisten: Xaime Fraiz, director do CEIP Roxos Villestro, e Francisco Javier Rodríguez Enríquez, responsable de Relaciones Institucionales de "la Caixa".
O proxecto, impulsado pola Fundación "La Caixa" en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela, ten como obxectivo axudar as familias a conciliar a vida familiar e laboral.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.30 h da Praza do Obradoiro.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar o Programa de Viaxes e Excursións da Rede de CSC para este ano 2010. A concelleira estará acompañada por Modesto López de Sande, técnico responsable do programa.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Cecilia Sierra, sobre asuntos económicos.

21.00 h
No Teatro Principal, Mofa e Befa presenta Shakespeare para ignorantes dirixida por Quico Cadaval. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Quico Cadaval.

Compartir: