Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as conclusións da primeira fase do Plan de Mellora para os Comercios en Activo.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sobre asuntos da súa área.

16.30 h
Saída do CSC das Fontiñas da visita ao Hotel san Francisco e Museo da Terra Santa enmarcada dentro do Programa de Maiores.

19.30 h
No Teatro Principal, Concerto do Conservatorio Histórico de Santiago.

Santiago-Une
8.00 h
Na sede do Parlamento Europeo (Rue Wiertz 60), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co Intergrupo Parlamentario do Camiño de Santiago.
13.30 h
No Palais des Beaux-Arts, 23 rue Ravenstein, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á sesión de apertura dos actos de conmemoración do 25 aniversario das Cidades Europeas Capital de Cultura, apertura realizada polo presidente da Comisión, Sr. Durao Barroso.
19.00 h
No Instituto Cervantes, presentación de "Compostela 2010, Ano Xacobeo", coa participación do concelleiro Andrés Fariña; Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, e de Lanzada Calatayud, directora de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.
19.00 h
No Palais des Beaux-Arts, 23 rue Ravenstein, o alcalde asiste á inauguración da exposición conmemorativa do 25 aniversario das Cidades Europeas Capital de Cultura.

Compartir: