Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Diagnóstico sobre os horarios e usos do tempo da cidade de Santiago.

11.30 h
No paseo central da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o Programa nacional de formación viaria para escolares de secundaria Forma T.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Federación de Corais Galegas, Antonio S. Rey Cornide.

12.30 h
Na Casa do Concello, a secretaria da Xunta de Goberno Local, Marta Álvarez-Santullano, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, sesión de Coñecemos o mundo polo baile para menores de 5 a 8 anos, dentro do Programa Aula de Xogo. .

Compartir: