Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 13 de marzo

12.00 h
No CSC de Conxo, Sábados Creativos: Multiexpresión artística dentro do programa de Artes Plásticas Infantil.
12.00 h
No Teatro Principal, Concerto Didáctico do Conservatorio Profesional de Música.

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos varios organizados polo CSCX do Ensanche.

13.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e un colectivo de preto de 170 veciños percorrerán o tramo do Camiño Inglés entre Sigüeiro (ponte do río Tambre) e a Porta Santa, dentro da iniciativa "Fai o Camiño Connosco", organizada pola Concellería de Participación Cidadá.
Ás 13.00 horas farán un alto no camiño en PONTE MANTIBLE (Salgueiriños), onde manterán un encontro cos medios de comunicación. Está previsto que a comitiva chegue á Praza da Quintana e atravese a Porta Santa arredor das 14.00 horas.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios que sairá ás 12.45 h da Praza do Obradoiro.

13.30 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, recibe os participantes no XXX Festival Scout Galego, que se celebra este fin de semana na cidade.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Cociña Turca dentro da Aula de Xogo.
21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, Roi Casal presenta Lendas Douradas dentro do ciclo Sons da Diversidade.

Compartir: