Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de marzo

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Artello-Teatro Alla Scala 1:5 presenta o Concerto Didáctico Polgariño.

11.30 h
En Vigo (no antigo edificio do Reitorado, rúa Areal, nº46), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a IV edición do programa Revelando Voces. Na rolda estarán tamén Adolfo Muíños, responsable do programa, e Xabier Mera, do grupo Aló Django .

18.00 h
Na Facultade de Xornalismo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura os XXV encontros de Educación para a Paz sobre dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes.

19.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección de Telefilmes Autopsia dentro do programa Cinemas Dixitais.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de homenaxe a oito mulleres en recoñecemento do seu labor social e en prol da cidadanía con motivo do Día Internacional da Muller.

20.30 h
Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición María Xosé Díaz 1980-2010 acompañada pola artista, María Xosé Díaz.

Compartir: