Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de novembro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e do director da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros, para presentar a convocatoria do IV premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a terceira edición do concurso Regalar custa pouco.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; do decano do COAG, Celestino García Braña; e do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, para presentar o 4º Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de edificios.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños Monte de Dios, de Vite.

20.30 h
No CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, Cuba Libre .

Compartir: