Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de xaneiro

9.00 a 13.30 h
Na Casa das Asociacións, obradoiros Nadal en galego. Organiza: Concellería de Participación Cidadá.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto institucional de exaltación da Presidencia española da Unión Europea,
Programa:
- Izado da bandeira da Unión Europea.
- Himno da alegría interpretado pola banda municipal de música.
- Entrega dunha bandeira da Unión Europea ao director do Colexio de Roxos, en representación doutros colexios que a recibirán nos seus centros.
- Intervención do Alcalde.
- Solta de globos azuis e pasarrúas dunha banda de cornetas.

22.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía con Paul Daniel, director; Yury Minenko, contratenor. Interpretarán a Walton, Rossini, Mozart e Strauss

CABALGATA DE REIS
17.45 h
Chegada dos Reis Magos á estación do ferrocarril, onde serán recibidos polas autoridades e a Banda Municipal.
Itinerario: Estación do Ferrocarril, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia, Rúa da Senra, Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Xelmírez, Praza das Praterías e Praza do Obradoiro (Casa do Concello).

19.00 h
Chegada á praza do Obradoiro e recepción do Alcalde e Corporación Municipal. O Rei Melchor dirixirase aos nenos e nenas presentes desde os balcóns do Pazo de Raxoi.

Espectáculo de luz, son e fogos de artificio.

Os Reis Magos atenderán as peticións de todos os nenos e nenas no Pazo de Raxoi.

Compartir: