Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 29 de xaneiro

10.00 h
Na Casa do Concello, xunta de goberno extraordinaria.

11.00 h
Na sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA de presentación do V FESTIVAL DE MÚSICAS CONTEMPLATIVAS. Asistentes:
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago.
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago.
Ignacio Santos Cidrás, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a última gañadora do premio Novela Europea "Casino de Santiago", Sarah Waters.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o embaixador de Perú en España, Jaime Cáceres Sayán.

19.00 h
En Conxo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as obras de reurbanización da avenida de Vilagarcía e das rúas Sánchez Freire e García Prieto.
Punto de encontro: xunto ao cruceiro, no cruce de Sánchez Freire con García Prieto.

21.00 h
No Teatro Principal, Cerrado por aburrimiento de Matarile Teatro dirixido por Ana Vallés. Con Alba Fernádez, José Campanari, Mónica García, Mauricio González, Ricardo Santana, Xan Cejudo e Ana Vallés. .

Compartir: