Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de xaneiro

8.30 h (hora portuguesa)
En Chaves (Portugal), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Eixo Atlántico. A continuación (9.30 h), participa na XV Asemblea Xeral da devandita entidade.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns.

11.00 h
Na Praza de Abastos, o concelleiro de Sanidade, Consumo e Mercados, Andrés Fariña, fará un reparto de bolsas reutilizables entre os usuarios, acto no que colaboran a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (dependente da Concellería de Sanidade e Consumo) e a Praza de Abastos. (Máis información na páxina web municipal: www.santiagodecompostela.gal).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o novo servizo de Axuda a Domicilio, adxudicado á empresa Geriatros. Na rolda tamén estará a directora xeral de Geriatros, Josefina Fernández.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación definifiva da Modificación puntual do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica relativa á unidade edificatoria número 511127 (Rúa das Hortas, 13).
3. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e aparcamento de residentes.
4. Comparecencia a petición propia, da concelleira delegada de Seguridade Cidadá e Circulación Vial, para explicar a xestión do concello durante as nevadas.
5. Comparecencia a petición propia, da concelleira delegada de Facenda, Persoal e Réxime Interior, para explicar a sinatura do decreto de 31 de decembro de prórroga orzamentaria no que con carácter cautelar se procede a unha retención de gasto por importe aproximado de 3.500.000 euros.
6. Solicitude do Partido Popular de comparecencia da concelleira delegada de facenda, para explicar a grave situación económica do concello e os motivos que levan a prórroga do orzamento para o exercicio de 2010.
7. Proposición do grupo municipal socialista sobre a valoración discriminatoria para as subvencións de Congresos no Xacobeo 2010.
8. Proposición dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e BNG para demandar da Xunta de Galicia un trato digno para Santiago de Compostela e unha rectificación das políticas lesivas con Santiago no presente Xacobeo.
9. Proposición do grupo municipal do BNG para instar á Xunta de Galicia a retirar o borrador do decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Dar conta de persoamentos en recursos contenciosos administrativos, e de autos e sentenzas.
12. Rogos e preguntas.
13. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Casino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega do VI premio Novela Europea "Casino de Santiago".

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph Köning e con Alban Gerhardt, violoncello.

Compartir: