Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de xaneiro

10.30 h
No Hotel Meliá Castilla, en Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa na mesa redonda "Evolución dos servizos da auga", dentro da xornada "Pagamos o que vale a auga?", organizada pola Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, de valoración dos datos turísticos do 2009.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o XI Foro de ONGs e a campaña de solidariedade con Haití, que terá lugar o 30 xaneiro na praza Roxa.

12.30 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO E JUNIOR DE NATACIÓN, que se celebrará na piscina de Santa Isabel do 29 ao 31 de xaneiro. O concelleiro estará acompañado por Carlos Touriño González, presidente da Federación Galega de Natación; e Jesús Pérez Martínez, presidente do Club Natación Santiago.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na XXII Reunión Anual de Endouroloxía, Litiasis e Laparascopia.

Compartir: