Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de xaneiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico con Ultreia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director xeral da Editorial Galaxia, Victor Freixanes, para presentar os ultimos catro libros da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea. Na rolda estará tamén o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Xacobeo en FITUR.

20.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da IV exposición Arte e Solidariedade, do Proxecto Home.

21.00 h
No Teatro Principal, X Certame de Folc Radio Obradoiro.

Compartir: