Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 2 de xaneiro

9.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, dá a saída a unha peregrinación de veciños de Muxía, encabezada pola alcalde desta localidade, que ten por obxectivo a promoción do Camiño a Fisterra.

13.30 h
Nas Cancelas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o nuncio apostólico de S.S. o Papa en España, Renzo Fratini; e o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, inauguran a avenida de Xoán Paulo II.
(Esta avenida está situada entre o Camiño Fránces e a avenida de Asturias. O acto será xunto á edificación do futuro centro comercial das Cancelas).

17.00 a 21.00 h.
Na Praza Roxa, Carrusel infantil e talleres. De balde. Organiza: Concellería de Festas.

Compartir: