Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de xaneiro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para valorar a campaña "En cada rostro igualdade" de integración de inmigrantes, e para presentar a campaña deste ano.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o director do CGAC, Miguel Von Hafe.

17.00 h
No Corte Inglés (Cafetería, 3º Pranta), presentación do I Concurso de Cociña Familiar: Os pratos da túa vida, organizado polo Fórum Gastronómico Santiago 2010, As Cociñas do Atántico e El Corte Inglés. Asistirán: Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; José Manuel Blanco, director de relación externas do Corte Inglés en Galicia; Pep Palau, director do Fórum Gastronómico.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a unha delegación da cidade italiana de Pisa, irmandada con Santiago.

20.00 h
Na Casa das Asociacións (Cornes), a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugura a exposición "Os composteláns imos de voda", que permanecerá aberta ata o 6 de febreiro.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Consello Municipal de Medio Ambiente.

Compartir: