Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos catro concelleiros do grupo municipal do BNG sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, ensaio aberto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Manuel Hernández Silva .

12.00 e 13.30 h
No Auditorio de Galicia, ensaio aberto da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns.

20.00 h
No Teatro Principal, proxección de A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda, dentro do Ciclo de Cinema Rafael Azcona que organiza a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

21.00h.
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Manuel Hernández Silva, con Luis Julio Toro, frauta .

Compartir: