Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de setembro

11.30 h
No Hotel Puerta del Camino, ROLDA DE PRENSA de presentación do Club Ciclista Aquagest. O acto contará coa presenza do concelleiro de Deportes de Santiago, Bernardino Rama, do director Territorial de Aquagest, Casimiro González; da directora de Zona de Aquagest, Paula Piñeiro e do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo.

11.30 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibe os participantes no VI Foro Iberoamericano de Encontro de Ciberpolicías 09.

12,15 h
No departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO DE BALONCESTO, que enfrontará ao OBRADOIRO CAB e ao DÍNAMO DE MOSCÚ, e que se celebrará o xoves 1 de outubro ás 21,00 h no Multiúsos Fontes do Sar. O concelleiro estará acompañado polo presidente do Obradoiro CAB, José Ángel Docobo; o director Xeral do Obradoiro CAB, Miguel Juane; e o xerente de XADE, Santiago López Cuadrado.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar a continuación do CICLO IMPORTA Santiago DC.

13.00 h

En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co director de Turespaña, Antonio Bernabé.

13.30 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibe unha delegación de dez arquitectos e urbanistas de Santiago de los Caballeros, cidade irmandada con Compostela.

19.30 h
En Madrid, na Residencia de Estudiantes (calle Pinar, 21), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os libros Artículos políticos de Eugenio Granell (1932-1990) e Eugenio Granell: Correspondencia con sus camaradas del POUM (1936-1999).

Compartir: